O pasado 10 de marzo visitou o noso centro Eva García, investigadora do Centro de Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela.
Eva forma parte do grupo “Genomas y Enfermedad”,dirixido polo doutor Jose M.C. Tubío, que está a participar nun consorcio de grupos de investigación internacional (Pan-Cancer) dedicado a analizar mostras de tumores de pacientes e a estudar 38 tipos distintos de cáncer.
A principios do pasado mes de febreiro as súas achegas tiveron grande repercusión, pois a súa investigación sobre a importancia dos retrotransposóns (rexións do noso ADN que son capaces de “desprazarse” polo noso xenoma dun lugar a outro) no desenvolvemento dalgúns tipos de cáncer foi publicada nunhas das revistas científicas máis importantes: Nature e Nature Genetics.
Agradecemos enormemente a Eva García que fixese un oco na súa apertada axenda para achegarse o noso centro e pasase un bo rato transmitindo e explicando as súas investigacións ao noso alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato que, por certo, quedaron encantados coa charla e participaron activamente facendo moitas preguntas.
Se queredes saber máis sobre os traballos deste grupo e dos demais que traballan no CiMUS, podedes visitar a súa páxina web:
https://www.usc.es/cimus/es/noticias/la-mayor-investigacion-sobre-genomica-del-cancer-del-mundo-liderada-desde-el-cimus
https://www.usc.es/cimus/es

Escribe un comentario



Últimas Noticias