15 años separan estas dúas fotografías, Celia empezou no noso @cpl_montegrande aos 3 aniños e rematou este ano 2º de Bach. Hoxe enterámonos que Celia entrou no grupo de Excelencia da Universidade de Santiago de Compostela, tendo un dos mellores expedientes académicos de Galicia, a @universidade_usc está organizando o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia que terá lugar o xoves, día 23 de xullo as 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC. O enlace directo para poder ver en streaming o Acto é o:
https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live
Toda a comunidade educativa do @cpl_montegrande estamos moi orgullosos de ti Celia Santos Parceiro. PARABÉNS.

Escribe un comentario



Últimas Noticias