O alumnado de 4º da ESO e Bacharelato foron ver unha obra de teatro, ao centro Ágora, titulada Sex o no Sex.
Foron 75 interesantes minutos de monólogo da actriz Virginia Imaz. Esta actriz, disfrazada de clown, analizou, dun xeito entretido e sobre todo didáctico, diferentes aspectos da sexualidade. Foi algo máis dunha hora de humor e tenrura, nas que se tocaron temas coma a menstruación, o primeiro bico, o coito, o parto...
Ao longo da obra, a actriz usou a xente do público como cómplices das súas reflexións, nese momento, noso alumando (especialmente o de 1º de Bacharelato) tivo unha sorpresa, unha das participantes e “ben coñecida” dun dos nosos alumnos. Adiviñades cal?
Esperamos repetir pronto a experiencia, con ou sen sorpresa entre o público.

Escribe un comentario

Últimas Noticias