O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participou nun concurso de Cartas de Amor por San Valentín.
As cartas que participaron (todas textos orixinais feitos a man) están gardadas na encadernación que se ve na primeira fotografía.
Foron todas cartas moi traballadas e ben fermosas, mostra do dito é a que se pode ver nesta outra fotografía.
Todos os que participaron son gañadores (e por iso todos levaron unha lambetada en forma de corazón) mais houbo tres gañadores por clase que levaron unhas lambetadas algo máis “valentinescas”.
Parabéns aos gañadores:
Fernando, Celia e Mario Figueira (en 4º da ESO)
Álvaro, Lara e Raquel (en 1º de Bacharelato)

Escribe un comentario

Últimas Noticias