O pasado mércores 31 de outubro, secundaria e bacharelato celebraron o Samaín.
Como podedes ver nas fotos, primeiro fixemos unha exposición das cabazas que trouxo o alumnado, eran todas tan fantasticamente fantasmais que non fomos quen de escoller unha gañadora!
Despois do xantar, o alumando que aparece no programa que axuntamos fixeron tres representacións da escena máis coñecida de Don Juan Tenorio. Como se pode ver nas fotos, foi un rotundo éxito!
Tras a representación, os marabillosos bailaríns de Araceli fixeron un “terrorífico” baile que faría mover o esqueleto a todos os “defuntos” que estivesen pola zona aproveitando o seu día de visita.
Tras o fantástico baile (do que tamén engadimos fotos), o alumnado que dixese a frase correcta do Samaín (“Unha limosniña polos defuntiños que van alá”) recibían chuches que os “fantasmais profesores” estiveron a repartir durante o magosto.
En definitiva, foi unha tarde diferente, na que alumnado e profesorado desfrutaron de teatro, baile, castañas, chuches, disfraces... e moitas risas

Escribe un comentario

Últimas Noticias