As alumnas e alumnos de Primeiro e Segundo da ESO visitaron a Casa das Ciencias, descubrindo a nova exposición da terceira planta dedicada integramente á astronomía.

O alumnado puido comprobar algunha das teorías e leis científicas que estudamos na aula nas materias de Biology and Geology e Physics and Chemistry. Chamoulles especialmente á atención a formación dunha lámina de xabón, na que debían comprobar canto pode resistir a tensión superficial antes de que a lámina se rompa; o efecto do magnetismo sobre limaduras de ferro inmersas nun líquido; o movemento das mareas e como inflúe o vento na formación de dunas e na erosión do terreo; e visualizaron como varían as ondas de son cando cambiamos a intensidade e a frecuencia do mesmo, entre outros experimentos.

Desfrutamos tamén dunha sesión no Planetario na que puidemos descubrir que estrelas, constelacións e planetas podemos ser capaces de distinguir no ceo nocturno estes días de outono.

Xa na planta baixa, o grupo entusiasmouse polo moi recente nacemento dun dos polos da incubadora, sendo testemuñas dos primeiros movementos do animal.

Escribe un comentario

Últimas Noticias