O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato fixo unha saída cultural a Padrón.
O departamento de Lingua Galega levounos a ver a Casa Museo Rosalía de Castro e o de Lingua Castelá a Casa Museo Camilo José Cela.
Da primeira visita aportamos unha boa chea de fotos, da segunda bastantes menos porque só se poden facer fotos nunhas poucas salas. Mais o alumnado e o profesorado desfrutou moito desta visita e lembrarán a expresión “M’a gustao” que tanto se repetiu ao longo da viaxe de regreso.
Do xantar si aportamos fotos, nunha agradábel cafetaría na que nos permitiron xantar os bocadillos que levabamos (feitos polas nosas fantásticas cociñeiras) mentres collíamos forzas para a viaxe de regreso.
En definitiva, a pesar da chuvia, a visita saíu moi ben, desfrutamos, aprendemos e trouxemos unha boa chea de boas anécdotas. Repetiremos!

Escribe un comentario

Últimas Noticias