O pasado venres 25 de xaneiro, a clase de 1º de Bacharelato recibiu unha agradábel visita, a autora da novela da que acababan de se examinar en Lingua Castelán: Vuelve.
Vuelve é a opera prima de Carmen Vázquez Peñamaría, unha novísima escritora (a novela escribiuna con só18 anos) que foi a lectura obrigatoria da clase nas pasadas festas de Nadal. A autora, na actualidade, segue escribindo, mentres traballa e termina a súa formación como docente.
Seguramente porque a autora é pouco máis nova co noso alumnado (na actualidade ten 21 anos), esta e a clase mantiveron unha discernida charla na que o alumnado descubriu que, con menos de vinte anos, pódese estudar bacharelato no estranxeiro, terminar a carreira cunha beca Erasmus noutro país... cumprir soños, mesmo os de ser escritor.
Foi unha hora de risas, confidencias, anécdotas... nas que se falou moito de literatura, mais tamén de ilusión, futuro, esperanzas, anhelos… en definitiva, foi unha aula distinta e un xeito diferente de aprendermos a crecer.
Aportamos fotos do momento e dalgúns dos comentarios que o alumnado decidiu colgar nas redes sociais sobre a charla.

Escribe un comentario

Últimas Noticias