Dende hai semanas, se vos acercades as cortizas da planta cero (a pequena das escaleiras e a grande pegada á biblioteca) veredes que están repletas de referencias á loita feminista.
Deste xeito, na cortiza pequena hai mensaxes de apoio ás mulleres que sofren o horror da violencia machista. Moitas están buscadas en internet e outras creadas por un pequeno grupo de 4º da ESO que son: GABRIELA CASTRO BERTOLEZ (Gabu), LARA NAVARRO MARTÍNEZ, ANDRÉS PAZ RODRÍGUEZ, ANDREA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e JORGE SANZ FIGUEROA.
Na cortiza grande este mesmo grupo está a colocar un calendario (por agora están os meses do que levamos de curso: setembro, outubro, novembro, decembro, xaneiro e febreiro) que conmemora actos de mulleres pioneiras. Non lles vai caber o calendario enteiro, polo que, a medida que pasen os meses, irán sacando os primeiros meses para que quede sitio para os novos. É dicir, os que aínda non teñades mirado os primeiros meses, bulide!
O próximo mes non é un mes calquera, marzo é o mes da loita feminista, así que o grupo está a preparar moitas sorpresas para estas cortizas, non volas perdades!
Aportamos unhas poucas fotos do grupo diante das cortizas.

Escribe un comentario



Últimas Noticias