Esta semana os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitamos @SotaventoGalicia, un parque eólico experimental situado a cabalo entre as provincias de A Coruña e Lugo.

Nel aprendimos, da man de dous dos traballadores do parque, Javi e David, o funcionamiento dun aeroxenerador, ao que comunmente chamamos molino de vento e, ademais, tivemos a oportunidade de entrar nun deles.

Tamén visitamos unha vivenda bioclimática, adaptada ao clima e ao seu contorno, na que descubrimos que realmente é posible substituir as enerxías non renovables polas renovables e que podemos reducir o noso impacto ambiental.

Foi unha visita longa, pero moi amena e divertida, na que puidemos desfrutar, ademais, dun "chocolate solar" recén feito.

Trala visita, paramos para comer na área recreativa Sete Muíños, en Guitiriz, situada á beira do río Escádebas, rodeada de bosque e cunha piscina fluvial. Ao rematar de comer puidemos desfrutar do contorno no que nos encontrabamos, antes de volver ao colexio.


Artigo elaborado por Andrea Oliva Rodríguez (alumna de 4° da ESO)

Escribe un comentario

Últimas Noticias