O pasado venres 29 de marzo os alumnos de 4° ESO e 1° Bach fixemos unha visita á Domus onde, no laboratorio, realizamos unha serie de reaccións químicas co fin de obter parte dun fármaco.

Tras dividirnos por grupos e vestirnos coa indumentaria axeitada, recibimos unha interesante charla sobre toda-las fases polas que pasa un medicamento antes de saír ao mercado. Tamén nos falaron da enfermidade do Parkinson, concretamente, sobre como sintetizar una das fases das pastillas empregadas para o seu tratamento. Unha vez rematada a charla, puxémonos mans á obra.

Nos grupos, cada persoa exerciamos una labor determinada, e, un por un tivemos que pesar, medir, mesturar, envasar e limpar con moita minuciosidade, xa que calquera descoido podía levar a erro. Aínda así, afortunadamente, tódolos equipos conseguimos que os reactivos reaccionaran correctamente.

Para rematar, visualizamos un vídeo do IRB (Institute for Research in Biomedicine) de Barcelona, que foi elaborado para axudar a recadar cartos para a investigación de diversas enfermidades grazas á súa visualización (aínda que agora esta opción xa non está dispoñible). Podedes ver o vídeo no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=hNOqgHTtvH8
Se queredes colaborar, só tedes que seguir o seguinte enlace:
https://www.irbbarcelona.org/en/donations/make-a-donation

Foi una experiencia gratificante para nós, xa que tivemos a oportunidade de saír das aulas, poñer en práctica o aprendido nas clases de química e de ser auténticos científicos por un día!



Artigo escrito por Lara Navarro Martínez e Jorge Sanz Figueroa, alumnos de 4º da ESO.

Escribe un comentario



Últimas Noticias