Hai uns días, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO visitaron a Domus e levaron a cabo a disección
dun corazón de porco. Para case todos era a primeira vez que tocaban e vían en “vivo” un corazón e,
aínda así, puxeron en práctica tódolos coñecementos traballados na aula na materia de Bioloxía e
Xeoloxía e souberon identificar as súas partes e funcións. Unha vez diseccionado, as alumnas e
alumnos manipularon o órgano, introducindo os dedos polas arterias e as veas, verificando a situación
das diferentes válvulas e a diferenza de grosor no tecido do ventrículo esquerdo e dereito.
Tras rematar coa disección, o alumnado puido desfrutar do museo científico, descubrindo a multitude
de seccións, xogos e actividades didácticas que a Domus ofrece. Chamáronlles especialmente a
atención as seccións sobre intelixencia e reflexos motores e a adicada ao ADN.

Escribe un comentario



Últimas Noticias