Ola a todos! Somos ERIN Hurtado Casas, ANDREA Olivia Rodríguez González e XELA Torres Garay, alumnas de 1º de bacharelato. Este curso académico somos as representantes do noso centro no Proxecto Antenas de Información Xuvenil (máis coñecido coma Antenas).
Antenas é un proxecto cultural-informativo que proporciona información ao alumnado dos diferentes centros educativos da cidade da Coruña. Informa puntualmente sobre todo tipo actividades: cursos, bolsas, espectáculos, concursos... O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX ) é quen nos proporciona a nos as tres esta información e nós poñémola á vosa disposición na cortiza que o centro nos facilita para isto (a que está no corredor pequenos das escaleiras que van a secundaria e que podedes ver nas fotos que aportamos). Esta información será proporcionada de xeito semanal ao longo de todo o curso 2019-2020.
Estamos ben emocionadas con este proxecto e esperamos que vós saquedes bo proveito deste noso traballo que tan gustosamente faremos durante este curso. Animádevos a visitar semanalmente a nosa-vosa cortiza (así coma a información que, semanalmente, iremos mandando as redes socias do noso centro: páxina web, Facebook e Instagram) e non dubidedes en nos parar cando nos vexades no centro de ter dúbidas ou curiosidades que nos preguntar.
En homenaxe a temática do espazo que este curso teñen os de infantil e primaria (que tamén podedes e debedes mirar a cortiza) QUE A INFORMACIÓN NOS ACOMPAÑE!!!!!!!

Andrea, Erin e Xela

Escribe un comentario

Últimas Noticias