O pasado xoves 5 de Decembro, os alumnos de 1º e 2° de Bacharelato tiveron a sorte de acudir ao Teatro Colón e disfrutar da ópera bufa: O Loro de Carlos V.
Unha ópera bufa é una ópera con un tema cómico. Desenvolveuse en Nápoles na primeira metade do século XVIII. Dende aló difundiuse cara Roma e o norte de Italia e o seu contraporte estilístico é a ópera seria.
A obra comeza cando desaparece o loro do rei Carlos V; este, desesperado, decide darlle o que queira a aquel que o atope e o devolva.
Unha astuta labrega entérase, encontra ao loro e diríxese ao castelo para recibir a súa recompensa.
Unha vez alí o capitán da garda real impídelle o paso. Despois dun tempo acordan que o capitán deixáralle pasar a cambio da metade da súa recompensa.
Cando a labrega entrega o loro ao rei, este ofrécelle calquera cousa que ela desexe. E para sorpresa de Carlos V, a labrega pídelle dúas labazadas.
Poucos minutos máis tarde aparece o capitán da garda e diríxese á súa maxestade suxeitando á labrega e moi enfadado; este queixábase de que lle dera unha labazada. A astuta labrega explicou
o pacto que fixo co capitán e o rei impresionado pola astucia da labrega ofrécelle un posto como conselleira real.

Tanto aos alumnos, como os docentes que nos acompañaron, pasámolo moi ben e disfrutamos moito da posta en escena, dos personaxes e da música.
Recomendamos moito ir vela!!

Lía Iglesias e Lara Navarro

Escribe un comentario



Últimas Noticias