Queridas familias
Seguimos coas actividades na nosa biblioteca.
Nesta ocasión vai ser para conmemorar o Día Internacional da Poesía (21 de marzo). Coma este ano
a emblemática data cadra en sábado, ímolo celebrar o LUNS 23 DE MARZO.
O acto consistirá no recitado, por parte do noso alumnado e profesorado, do poema “Se envellecemos
xuntos” que no poemario do mesmo título repítese en 17 idiomas máis: castelán, euskera, catalán, asturiano,
portugués, francés, italiano, romanés, alemán, inglés, holandés, polaco, húngaro, grego, armenio e árabe.
A estas alturas, xa temos alumando e profesorado para recitalo en galego, castelán, vasco, portugués,
francés, italiano, alemán, inglés e árabe.
De haber alguén que se anime con algún dos outros idiomas, xa sabe que o esperamos.

Escribe un comentario



Últimas Noticias