Os alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron diversos traballos de investigación nos que nos mostran a localización e características singulares do Parque Nacional das Illas Atlánticas (único PN de Galicia) e algunhas das zonas Reserva da Biosfera máis relevantes da nosa comunidade.
O alumnado afondou nas especies endémicas das zonas, tanto animais coma vexetais, e destacaron as características máis importantes que as fan merecedoras dun especial tratamento e conservación por parte das Administracións.
A temática da biodiversidade foi desenvolvida na materia de Bioloxía e Xeoloxía na aula e complementada así polo alumnado.

Escribe un comentario



Últimas Noticias