Os alumnos e alumnas de 3º de ESO fixemos traballos individuais para a materia de Bioloxía e Xeoloxía con motivo do tema da nutrición e alimentación. Os diferentes traballos centráronse en investigar as diversas propiedades, vantaxes e desvantaxes que teñen os coñecidos como “súper alimentos”. Descubrimos que estes alimentos (algún descoñecido para nós) axúdannos no noso desenvolvemento e aprendemos moitos datos importantes e sorprendentes sobre eles.

Un exemplo e o brócoli, con alto contido en ferro, propiedades antioxidantes e capacidade para combater os altos niveis de colesterol. Sen embargo, o seu consumo moi a miúdo e en grandes cantidades pode ser prexudicial se padecemos de hipotiroidismo, polo que cando os nosos pais nos din iso de “tes que comer moito brócoli” non están a ter en conta este feito.

Estudamos tamén alimentos como as sardiñas, o té verde ou a granada. Descubrimos datos sorprendentes como que o exceso de xenxibre pode provocar o empeoramento das varices, que un exceso de quinoa na alimentación pode provocar sangrados ou incluso abortos en mulleres embarazadas, que o aceite de améndoas e un grande axente reparador de cicatrices ou os grandes beneficios do chocolate negro, aínda que os diabéticos deben evita-lo seu consumo.

Grazas a este traballo descubrimos alimentos que non coñeciamos, como a alga Chlorella ou a cúrcuma, que é unha especie utilizada para facer o curri e que no Xapón se consume acompañada do té verde.

Cando puxemos as ideas en común sobre os alimentos que traballamos cada un de nós preguntámonos se despois de coñecer as súas vantaxes e desvantaxes probariamos aqueles que non coñeciamos ou que non consumimos habitualmente. A conclusión xeral foi que non nos gusta moito iso de probar cousas novas, a pesar de tódolos beneficios que nos poidan chegar a aportar, aínda que houbo excepcións de compañeiros e compañeiras que si estarían dispostos e dispostas a introducir algún destes alimentos na súa dieta habitual.



Autora: Andrea Pérez Diéguez (Alumna de 3º de ESO)

Escribe un comentario



Últimas Noticias