Os alumnos e alumnas de 3º de ESO fixeron diversos traballos de investigación, divididos en varios grupos, para coñecer as causas, os síntomas, os posibles tratamentos e os métodos de prevención dalgunhas das enfermidades de transmisión sexual máis comúns. Deste xeito, ampliaron os coñecementos tratados na unidade da reprodución, correspondente á materia de Bioloxía e Xeoloxía.

O alumnado investigou un pouco máis a fondo cada unha das ETS tratadas, véndoas de preto e descubrindo que algunhas delas non son tan raras como puidera semellar e que a maioría teñen unha alta frecuencia. De aí a importancia de saber recoñecelas e, por suposto, o máis importante: saber como evitalas.

Escribe un comentario



Últimas Noticias