Hai uns días, as clases de 3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato de Ciencias, visitaron a Central Térmica de As Pontes, como complemento ás materias englobadas nas Ciencias da Natureza e ás Ciencias Sociais.

Álvaro, o noso guía de Endesa Educa, deunos unha visión xeral da central e de como foi modificando o seu funcionamento para adaptarse aos sucesivos cambios de lexislación. Os rapaces e rapazas aproveitaron para preguntar as súas dúbidas e para expoñer os coñecementos que teñen do proceso de obtención da enerxía eléctrica grazas á combustión. Visitamos a zona de almacenaxe do carbón, e logo Álvaro explicounos como funciona unha das catro torres de refrixeración. Por último, puidemos acceder á sala de control, onde os propios operarios informáronnos dalgúns dos parámetros que controlan dende alí.

Despóis da visita, aproveitando o bo día, visitamos e gozamos relaxados da comida no lago artificial que se construíu onde estaba localizada a antiga mina de extracción do carbón, utilizada para abastecer completamente a central térmica anos atrás

Escribe un comentario



Últimas Noticias