Os alumnos de 2º de Educación Primaria levamos a cabo uns experimentos na clase de ciencias da natureza.
En relación ao tema de alimentación, que traballamos neste curso, fixemos un experimento de química para descubrir que alimentos teñen almidón e cales non. Para isto, puxemos en contacto os distintos alimentos con yodo, e observamos que ao entrar en contacto o almidón co yodo creábase unha reacción química que facía que o alimento cambiara de cor e se puxera azul.
A continuación, fixemos un experimento de física que estaba relacionado co volume dos obxectos (aspecto traballado tamén no curso), máis concretamente co principio de Arquímedes, que afirma que "todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ao peso do fluido desaloxado", é dicir, que cando sumerximos un corpo nun líquido, o volume da auga que desborda é igual ao volume do corpo que se sumerxe. Así que puxemos a proba este principio e descubrimos que no caso dos alfileres, ao ser tan lixeiros, non facían que a auga desbordara.

Escribe un comentario



Últimas Noticias