O programa “Idiomas do mundo 2017” ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 (preferentemente en xuño), en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: do 10 ao 28 de abril de 2017.
INSCRICIÓN:
O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso

Convocatoria da REUNIÓN INFORMATIVA PARA O ALUMNADO INTERESADO E AS SÚAS FAMILIAS o xoves 6 abril, ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos



Mais información: http://edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/idiomas_do_mundo_2017

http://edu.coruna.es/es/libro_dixital_2016_2017/programas_educativos_do_servizo_municipal_de_educacion/a_coruna_no_mundo/idiomas_do_mundo



http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/xustiza-social-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-no-programa-de-inmersion-linguistica/suceso/1453618612213

Escribe un comentario