To commemorate the 150th anniversary of the Periodic Table of Elements (published by Dmitri Mendeleev) and the International Day of the Girl and Woman in Science (on February 11), students of Biology and Geology and Physics and Chemistry of ESO and 1st of Science Bach carried out our own version of the Periodic Table: the Periodic Table of Female Scientists.

In our table we have represented a selection of some of the most important female scientists in different fields (mathematics, biologists, physicists, chemists, doctors, biochemists, engineers, astronomers, etc.) throughout history.

Thanks to this work, students could get inside the lives of great female scientists, past and present, of many nationalities, verifying the great amount of accomplishments they have achieved, the research carried out, discoveries and awards they have received, although, in many cases, their works were not recognized.
 


Con motivo da conmemoración do 150 aniversario da Táboa Periódica dos Elementos (publicada por primeira vez por Dmitri Mendeléyev) e aproveitando que o pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, as alumnas e alumnos de Biology and Geology e Physics and Chemistry da ESO e de ciencias de 1º de Bacharelato elaboraron a nosa propia versión da Táboa Periódica: a Táboa Periódica das Científicas.

Na nosa táboa representamos unha selección dalgunhas das científicas de diferentes ámbitos (matemáticas, biólogas, físicas, químicas, médicas, bioquímicas, enxeñeiras, astrónomas, etc) máis importantes ao longo da historia. Con este proxecto queremos dar a visibilidade que non tiveron na súa época a moitas mulleres científicas.

Grazas a este traballo os alumnos e alumnas puideron afondar na vida de grandes científicas, pasadas e presentes, de moitas nacionalidades, comprobando a grande cantidade de logros conseguidos, investigacións levadas a cabo, descubrimentos e premios recibidos, aínda que, en moitos casos, o seus traballos non foron recoñecidos.


Agradecemento especial para as alumnas e alumnos que axudaron na montaxe: Mario, Celia e Iago (1º Bacharelato), Miriam, Mara e Adrián (4º ESO) e Sofía (2º ESO).

Escribe un comentario



Últimas Noticias