1º E.P.: Elaboramos unhas castañolas con forma de crocodilo e creamos ritmos con elas.
2º E.P.: Ensaiamos a actuación de nadal, na que a metade da clase representaba a Rodolfo, o reno, versionando a Álvaro Soler co tema "Bajo el mismo sol" e a outra metade representaba a Papá Noel facendo un rap coa base instrumental de "Turn down for what".
3º E.P.: Creamos ritmos coa batería e votamos para elexir aos mellores que puideron repetir as súas creacións.
4º E.P.: Tocamos o piano, practicando a escala coa correcta colocación das mans ao tocar.
5º E.P.: Ensaiamos a actuación de nadal, na que a metade da clase interpretou o villancico "Dulce navidad" cantando e tocando xilófono, metalófono, carrillón e frauta para a parte melódica e axoúxeres e triángulo para o acompañamento rítmico, e a outra metade da clase versionou "Esto es Halloween" de Pesadilla antes de Navidad, na que cantaron e acompañaron ritmicamente con batería, claves e caixa chinesa.
6º E.P.: Xogamos ao xogo musical "A por setas", no cal teñen que construir secuencias rítmicas de catro tempos coas figuras da negra, corchea, semicorchea e silencio de negra. Deberán coller os dous dous últimos tempos da secuencia do anterior compañeiro e completala con outros dous tempos, creando así a secuencia de catro tempos e todo isto sen romper o ritmo establecido.

Escribe un comentario



Últimas Noticias