As alumnas e alumnos de primeiro e segundo da ESO desfrutaron o pasado venres dun espectáculo no que Dani Jiménez, físico e divulgador científico colaborador da Fundación Repsol, conseguiu que viaxaramos a través do tempo descubrindo as diferentes formas e fontes de enerxía que fan do noso planeta o que é hoxe en día.

Os rapaces e rapazas pasárono en grande sendo partícipes de experimentos asombrosos e espectaculares dende o escenario e, por suposto, axudando a Dani a propulsar a nave espacial a través do tempo a escala xeolóxica.

Escribe un comentario



Últimas Noticias