Empregando guitarra eléctrica, baixo, teclado e batería, unha banda de 5 mozos e mozas foron amosándonos as similitudes e as diferencias entre varios estilos musicais.
Comezaron interpretando “Highway to hell”, de ACDC, e dende ahí tocaron clásicos do funky, o blues, o pop e incluso o metal. Sempre pedindo a nosa participación, foron deténdose en cada un deses temas explicando os aspectos máis relevantes de cada un deles. Así puidemos aprender a través de clásicos, coma Stevie Wonder, Michael Jackson ou Metallica conceptos coma o que é unha escala pentatónica ou como se estrutura un tema de pop.
Ao final, voltamos a ACDC, onde puidemos apreciar coma o rock bebe de todos estes estilos musicais que nos foron explicando durante o concerto.
Foi unha saída moi divertida. Coma sempre, aprendimos moitas cousas, pero esta vez tamén puidemos cantar e bailar!

Escribe un comentario



Últimas Noticias