Dende o departamento de Ciencias Experimentais e da Saúde poñemos a disposición de todo o alumnado o Tabolerio de Ciencias. Nel, destacaranse ó longo do ano as noticias máis relevantes relacionadas co Departamento: Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Xeoloxía e Bioloxía.
Ademais, na sección de “curiosidades” poderemos atopar feitos relacionados co día a día e a base científica que os explica. Por último, na sección de acontecementos exporanse citas importantes que terán lugar na nosa cidade e arredores, ou incluso no país ou comunidade europea.
A idea é que os rapaces e rapazas de Secundaria e Bacharelato teñan unha participación activa nos acontecementos científicos do noso contorno (e fóra del), e que eles mesmos acheguen artigos, curiosidades ou información sobre exposicións ou congresos que poidan ser de interese para os seus compañeiros/as.
Deixámosvos algunha foto da evolución do taboleiro nestas primeiras semanas de clase.

Escribe un comentario



Últimas Noticias