@s alumn@s de 3º da ESO recibiron a visita dos monitor@s da Fundación Repsol (@fundacionrepsol) para a realización dun taller relacionado coa enerxía e o consumo responsable, complementando así as áreas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.

Mediante a participación en diferentes xogos, o grupo afondou en temas xa vistos na aula e descubrindo datos novos respecto ás cifras de contaminación de determinados vehículos, o consumo de madeira, o gasto de auga, etc.

Quizáis a actividade que máis lles chamou a atención foi o “Mix Enerxético”, no que o alumnado meteuse na pel de xestor@s enerxétic@s de diferentes países, tendo cada grupo que avaliar tódolos recursos dos que dispón o seu país e analizar que medidas serán necesarias levar a cabo para a consecución da enerxía que precisan os seus cidadáns, tentando sempre de adoptar as medidas menos contaminantes.

Escribe un comentario



Últimas Noticias