O pasado 27 de xaneiro os menos e nenas de 1º e 2º da ESO fixemos una visita á Domus.
Tras percorrer e xogar nas distintas partes do museo, os alumnos/as de 1º da ESO fixemos una actividade chamada “Artistas da Prehistoria”, na que afondamos na historia das pinturas rupestres. Primeiro, a monitora nomeou as fases polas que pasou o Homo sapiens, despois explicou os tres tipos de arte prehistóricos e nos ensinou a foto dunha venus. Tamén vimos un vídeo sobre as pinturas rupestres de Altamira. A continuación, en grupos de 5, puidemos debuxar e pintar unha pintura rupestre e estampamos as nosas mans nun mural en positivo (pintándonos a man e despois apoiándoa) e en negativo (colocando a man e despois botando pintura por riba cun aerógrafo caseiro construído con dúas palliñas).
Os alumnos/as de 2º da ESO, tras desfrutar do museo, participaron na proxección de varios curtametraxes relacionados cos océanos e a súa conservación.

Artigo escrito polo alumno de 1º da ESO Héctor Fernández Mira

Escribe un comentario



Últimas Noticias