Hai xa uns días visitamos a Casa das Ciencias cos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO e, aproveitando que estreabamos a primavera, visitamos o planetario para descubrir que astros e planetas somos capaces de distinguir no ceo nocturno estas semanas.

Os alumnos e alumnas visitaron o museo científico descubrindo a multitude de seccións, xogos e actividades didácticas que a Casa das Ciencias ofrece. Chamáronlles especialmente a atención as seccións sobre o comportamento das forzas e o son e, por suposto, quedaron abraiados e entusiasmados polo nacemento dun polo na incubadora, que tivemos a sorte de presenciar en directo.

Na sesión de planetario, ademais do ceo nocturno, visualizamos unha película sobre a orixe do noso Sistema Solar e dos diferentes planetas que forman parte del, descubrindo as súas características máis importantes, que complementan ás xa traballadas na aula. Precisamente, esta película e as novas seccións do museo foron o que máis lles gustou.

Escribe un comentario



Últimas Noticias