Durante o primeiro trimestre toda secundaria e bacharelato asistiron a diferentes obras teatrais.
1º e 2º da ESO asistiu a obra Mosca.Mosca trata o tema do acoso, algo, por desgraza, moi presente nos nosos días. A impotencia de non saber que facer, a falta de información,o non detectar o problema a tempo víronse reflectadas na obra.
A representación, realmente, impactou ós alumnos que logo tiveron a oportunidade de debater cos propios actores.
3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron a Bicos con lingua, nesta obra, en clave de humor, asistimos á reflexión dese tipo de cousas que, habitualmente, aparecen nos informes sobre a perda de falantes en galego ou sobre algunhas tolemias en relación co castelán.
2º de Bacharelato asistiu a O tolleito de Inishmaan. O tolleito desenvólvese nunha aldea dunha pequena illa irlandesa, nos anos 30. Xorden personaxes curiosas, pintorescas... Seres máis ou menos adorables que viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito,un ser desfavorecido que ten un soño: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar e conseguir ser amado e valorado coma calquera outro.
As tres foron todo un éxito.Esperamos poder repetir !

Escribe un comentario



Últimas Noticias