Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, as alumnas e alumnos da ESO e Bacharelato traballaron con diferentes científicas para realizar os seus proxectos, que permanecerán expostos no recibidor e corredores de Secundaria para que todas e todos os podamos desfrutar e Grazas a este traballo os alumnos e alumnas puideron afondar na vida de grandes científicas, pasadas e presentes, de moitas nacionalidades, comprobando a grande cantidade de logros conseguidos, investigacións levadas a cabo, descubrimentos e premios recibidos, aínda que, en moitos casos, o seus traballos non foron recoñecidos. Así, neste proxecto conxunto, podemos atopar grandes e fantásticas científicas de diferentes ámbitos, coma Matemáticas, Bioloxía, Física, Química, Fisioloxía, Bioquímica, Xenética, Informática, Enxeñaría, Tecnoloxía, Astronomía, Xeoloxía, Paleontoloxía, etc. Con este proxecto queremos dar a visibilidade que non tiveron na súa época a moitas delas e achegarnos ás vidas e descubrimentos das que, afortunadamente, si tiveron repercusión no seu momento. Agradecemento especial para as alumnas e alumnos da rama científica de 4º de ESO e
1º de Bacharelato, que axudaron na montaxe.

Escribe un comentario

Últimas Noticias