O alumnado de 2º e 3º da E.S.O. visitaron a Domus e, estes últimos, levaron a cabo a
disección dun corazón de porco. Para case todos era a primeira vez que tocaban e vían en
“vivo” un corazón e, aínda así, puxeron en práctica tódolos coñecementos traballados na
aula na materia de Bioloxía e Xeoloxía e souberon identificar as súas partes e funcións.
Unha vez que a nosa guía da Domus, Sandra, o diseccionou, as alumnas e alumnos que así
o quixeron manipularon o órgano, introducindo os dedos polas arterias e as veas,
verificando a situación das diferentes válvulas e a diferenza de grosor no tecido do
ventrículo esquerdo e dereito.
Tras rematar coa disección, o alumnado de 3º uniuse ao de 2º da E.S.O. e desfrutaron do
museo científico, manipulando e descubrindo a multitude de seccións, xogos e actividades
didácticas que a Domus ofrece.

Escribe un comentario

Últimas Noticias