Como ben sabedes, este curso, temos coma unha das nosas prioridades, mellorar a nosa biblioteca. Poucos centros teñen a sorte de poder ter unha biblioteca nunha sala tan ampla, luminosa e cómoda, así que é a nosa obriga (demais dun pracer) facer as melloras precisas para que sexa o sitio con máis vida do noso querido cetro. Para o lograr, 9 dos nosos docentes, están a formarse en novas técnicas de catalogación e recursos bibliotecarios. Neste proceso de mellora, viuse a necesidade de facermos un expurgo (de aí o mercadillo do venres 7 de febreiro) para reordenar os libros que verdadeiramente emprega o alumnado e facer oco para novos exemplares.
Nesta sección da nosa páxina web, iremos informándovos de como avanzan as melloras da biblioteca, por agora, deixámosvos unhas fotos do proceso de expurgo.
E xa que este curso está centrado no espazo, permitídenos a broma: QUE A LECTURA TE ACOMPAÑE!

Escribe un comentario

Últimas Noticias