Para rematar o curso, no derradeiro trimestre da materia de Cultura Científica, as alumnas e alumnos de primeiro de Bacharelato elixiron cadanseu proxecto, segundo os seus gustos, preferencias e intereses.

Así, tivemos a sorte de aprender moito máis sobre os transplantes, sobre o tratamento dos residuos, os volcáns, os materiais de nova creación, as enerxías renovables ou a exploración espacial, tema de moita actualidade co seguimento pormenorizado do Rover Perseverance da NASA en Marte.

Moitas grazas a tódolos nosos alumnos/as de 1º de Bacharelato por facer uso e dar a coñecer a importancia do método científico e o traballo de investigación durante este curso. Foi unha longa pero emocionante viaxe na que se achegaron, xunto cos seus compañeiros/as e á súa docente, a temáticas pouco coñecidas, algúns inventores xa case que esquecidos e outras moitas áreas de coñecemento máis comúns, pero non por elo menos interesantes ao longo desde diferente, pero trepidante ano académico.

Noraboa e grazas polo voso traballo!!

Escribe un comentario

Últimas Noticias