O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía que cursou 4º da ESO o pasado curso fixo un fantástico traballo mostrando as características determinantes, tanto xeolóxicas como biolóxicas, das distintas eras e períodos polos que atravesou o noso planeta ata o presente.
Ademais, unha vez centrados no período cuaternario, fixeron unha achega á evolución humana, destacando os nosos antecesores máis representativos.
O seu mural segue decorando o descanso de ESO e Bacharelato neste comezo de curso.

Escribe un comentario

Últimas Noticias