O día 14 de xaneiro os nenos e nenas de 1º e 2º da ESO fomos de visita ó Aquarium Finisterrae.

Cando chegamos, a monitora Mari Carmen contounos algunhas curiosidades de distintos animais mariños e centrou a súa explicación despois nas quenllas. Ademais, puidemos ver e tocar ovos de raias e doutros peixes e tamén pel, dentes e mandíbulas de quenlla.

A continuación puidemos explorar o resto do edificio no que había moitos tanques, acuarios, piscinas e módulos interactivos e desfrutamos moito descubrindo as diferentes salas nas que puidemos ver morenas, cabaliños de mar, enormes meros, polbos, etc. Por suposto, fomos visitar ó habitante máis famoso do acuario: a quenlla Gastón, que se atopa na Sala Nautilus, pensada para simular un submarino.

Por desgraza non puidemos saír ao exterior por mor do temporal, pero sen dúbida vivimos unha moi boa experiencia nun centro idóneo para coñecer a vida que hai no mar, en especial na costa galega, e desfrutar coas súas coñecidas lendas.


Artigo escrito polo alumno de 2º de ESO Adrián Lema

Escribe un comentario



Últimas Noticias